domingo, 16 de mayo de 2010


Hoxe hai uns ollos azuis que me miran dende ben lonxe, como se non compartisen nin tempo nin espacio conmigo, como se sempre me mirasen, incluso antes de existir, incluso antes de ser. Hai uns ollos azuis case grises que ven algo que eu nunca podo ver.

Nunca coñecín nada tan delicado como os ollos azuis de Sefita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario