lunes, 5 de julio de 2010


Nun lugar moi afastado de realidades actuais é donde a pequena inicia a súa vida. Apenas mide un metro cincuenta e calza unha trinta e sete. Danlle medo as curvas e por casualidades da vida sempre ten un coche verde. Víu asfaltar o camiño sobre o que descansan os seus zapatos por primeira vez e xa lle parece que é o necesario para pensar que ten unha idade suficiente para dicir aquilo de... " cando eu era pequena" con certa autoridade. Sintese soa cando ve que a xente se alonxa dela, e entristecese ao ver que consideran o enfriamento como algo normal. Pero a pequena vive as súas propias reglas, e non entende o concepto de normalidade. Ainda non sabe que camiño seguir e nota que o tempo a encolle por momentos... imaxínate! se segue a encoller, nuns anos medira menos de un metro, e se continua a encoller menos de medio metro, e un día, como todos, desaparecerá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario